Loco Iván
Subscribe
Acusadas dun crime que non cometeran, un grupo de adictas á SF, a fantasía, o rol, os videoxogos e outras desviacións abxectas da cultura popular, fixéronse cun submarino nucelar de saldo dende o que perpetran semanalmente un espazo de delirio revolucionario ca cooperación necesaria de Cuac FM. Grazas a un crítico co dado de vinte, non tardaron en fugarse do dungeon no que estaban recluídas. Hoxe, aínda buscadas polo master, sobreviven como radioaficionadas de fortuna. Se ten vostede algún problema e se as atopa, quizais poida escoitalas. Loco Iván é perpetrado por: Capitana Svetlana Ibárruri, Camarada Beoska, Camarada Conachova, Camarada Stajanov, Camarada Esmendrellev, Xefe de Máquinas Bigalov, Xefe de Cociña Birnárem, Xefe de Torpedos Lamelov. Emisión en direco os venres ás 22:00 h. Máis Loco Iván en: https://www.facebook.com/locoivancuac/ https://twitter.com/LocoIvanCUAC
Loco Iván
Search
Clear search
Close search
Google apps
Main menu