#16 Puglia en solitario
Play • 36 min

Volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo. 

Imos coñecer a rexión italiana de Puglia e as súas xentes, que para aqueles que non se sitúen vén a ser o tacón da bota que todos debuxabamos á perfección de cativos. Unha zona con moitísimos encantos e onde os turistas somos simples espectadores duns costumes que, afortunadamente, non mudaron co tempo. Convídote a coñecer a colorida Bari Vecchia, a fermosa Polignano a Mare e as súas praias pedregosas bañadas polo Adriático, pero tamén os trulli de Alberobello ou a Grotte di Castellana nunha expedición para aventureiros sen medo a quedar perdidos polo camiño.

Esta é unha viaxe en solitario con banda sonora propia, grazas a Domenico Madugn e o seu mítico VOOO-LA-REE.

Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal

--- Send in a voice message: https://podcasters.spotify.com/pod/show/viaxantas-podcast/message
More episodes
Search
Clear search
Close search
Google apps
Main menu