Sep 12, 2021
empeine galego #2 -episodio25: un dos meus
A ver se este podcast mellora o anterior, seguimos na dinámica de ignorar as ligas de Tebas, sentímolo Celta e Lugo, pero heche o que hai.
Na segunda RFEF o Arosa está dando a sorpresa, o Compos gaña con solvencia mentres que Pontevedra, Coruxo, Bergantiños e Arenteiro seguen sen gañar un encontro.
Na primeira RFEF pleno de victorias galegas. O Celta Turistas deu a sorpresa en Irún cunha goleada, o Depor tivo un partido moi cómodo en Calahorra e o Racing de Ferrol gañou roubando a Hulio.