A Punta da Navalla
A Punta da Navalla
Feb 12, 2018
A Punta da Navalla 16. "Viaxe pola Máscara" (xaneiro 2018)
Play • 1 hr 6 min
Neste noso programa de finais de xaneiro falaremos do Entroido do país e dos personaxes que nel habitan. Para iso, fixémoslle unha entrevista a Mercedes Vázquez Saavedra, fotógrafa e escritora, que presenta estes días unha exposición fotográfica arredor das máscaras e personaxes do Entroido galego, dende os peliqueiros e cigarróns até os boteiros, pasando pol@s volantes ou polas madamas e madamitas...
Tamén repasaremos a actualidade regueifeira e botaremos unha ollada a outro tempo, pois achegarémonos ao 2º Certame de Regueifeiros celebrado en Vigo no ano 1996... Concretamente, repararemos na controversia final dese certame entre os cantores ao desafío portugueses e os regueifeiros de Bergantiños...
Non o perdades!
Viva o Entroido!
Medre a regueifa!
More episodes
Search
Clear search
Close search
Google apps
Main menu