A Punta da Navalla
A Punta da Navalla
Nov 24, 2017
A Punta da Navalla 14. "Brindo Vs Regueifa" (novembro 2017)
Play • 1 hr 6 min
Aló polo 17 de maio de 1995 produciuse o 2º encontro entre as dúas tradicións de improvisar versos na Galiza: o brindo e a regueifa (tres días despois do 1º encontro realizado en Vigo). Nesa tarde memorable na Coruña, ao abeiro do 1º Certame Nacional de Regueifas celebrado en Vigo e na cidade herculina, entraron na controversia tres dos mellores repentistas da nosa terra: os bergantiñáns Calviño de Tallo e o Atrevido de Grixoa e, en frente deles, o gran brindeiro do Cebreiro, Antonio Río.
Neste especial d´A Punta da Navalla, achegarémonos a estas dúas porfías que marcaron un antes e un despois na historia da nosa tradición oral cantada.
Por outra parte, porémonos ao día na actualidade regueifeira na nosa sección de actualidade e escoitaremos parte dunha rezada entre Josinho da Teixeira e Mani Braga na actuación celebrada n´A Bugalleira este mes pasado...
Medre o brindo!
Medre a regueifa!
More episodes
Search
Clear search
Close search
Google apps
Main menu