A Punta da Navalla
A Punta da Navalla
Sep 27, 2017
A Punta da Navalla 12. "Xurxo Souto e o Ribeira de Louzarela" (setembro 2017)
Play • 1 hr 16 min
Neste programa entrevistamos a dúas persoas moi relacionadas coa arte da improvisación oral en verso na Galiza.
Por unha banda, estivemos co investigador, músico, cantante, locutor, guionista etc. e tamén divulgador da regueifa e até regueifeiro nalgunha ocasión, o gran Xurxo Souto, co que tivemos unha conversa onde nos contou as súas experiencias no mundo da regueifa.
Por outra banda, desprazámonos ata o Courel para falarmos co brindeiro máis senlleiro e afamado do noso país. Alí estivemos con Antonio Río, o Ribeira de Louzarela, co que falamos nunha entrevista que quedará prá historia.
Non o perdades!
Medre o brindo!
Medre a regueifa!
More episodes
Search
Clear search
Close search
Google apps
Main menu