A Punta da Navalla
A Punta da Navalla
Jul 28, 2017
A Punta da Navalla 11. 'Regueifeiras no Festigal' (xullo 2017)
Play • 1 hr 19 min
No programa 11 temos preparado un especial sobre o Festigal 2017. Entrevistas con Lupe Blanco e Alba María, con Ramom Pinheiro "Chito", con Isabel Risco e cos SonDaRúa (Hugo Guezeta e Alex Rodríguez). Por outra banda, na nosa viaxe ao redor do mundo de todos os meses, tamén falaremos con Yeray Rodríguez (verseador canario) que nos porá ao día sobre a poesía improvisada nas Illas Afortunadas.
Ademais, haberá improvisación por parte das regueifeiras Lupe e Alba, xa que gravamos a súa regueifa trala presentación do libro "Repente Galego"; e teremos un pouco de free-style por parte dos SonDaRúa na última parte do programa; alén dalgunha batalla de versos entre regueifa e rap.
Agardamos que vos preste!
Non o perdades!
Medre a regueifa!
More episodes
Search
Clear search
Close search
Google apps
Main menu