A Punta da Navalla
A Punta da Navalla
Oct 28, 2016
A Punta da Navalla 3. "O Brindo" (novembro 2016)
Play • 1 hr
O noso programa do mes de novembro vai dedicado ao Brindo e, en especial, a Antonio Río, o Ribeira de Louzarela; ao que tivemos a sorte de lle facer unha entrevista telefónica estes días pasados e que incluiremos no noso 3º programa. Unha entrevista en que nos falou dos seus comezos, (cando tiña 8 ou 10 anos, a piques de comezar a Guerra Civil) e das súas experiencias en certames nacionais ou mesmo ao redor do mundo. E non só iso. Ao final da entrevista animouse a botarlle uns brindos para a nosa audiencia. Escoitade, non ten desperdicio. Por outra banda, na 1ª parte do programa tamén falamos con Domingo Blanco, un dos maiores e mellores investigadores sobre a cantiga de tradición oral na Galiza (en especial, sobre a improvisación poética), que nos contou, entre outras cousas, as diferenzas entre as dúas manifestacións de improvisación poética que perduraron no noso país: a regueifa e o brindo. E para rematar, poremos uns cantares de dúas colaboradoras do programa que poñen os pelos crechos! O cantar do arriero que nos mandou Lupe de Montecelo (bisneta do gran Blanco) e unha Foliada política que nos deixou Carme, unha veciña da nosa parroquia de Valadares e próxima colaboradora habitual do programa.
More episodes
Search
Clear search
Close search
Google apps
Main menu