A Punta da Navalla
A Punta da Navalla
Dec 30, 2016
A Punta da Navalla 5. "XIX Certame de Improvisación Oral en Verso de Valadares" (especial Nadal, xaneiro 2017)
Play • 1 hr 16 min
Neste programa especial de Nadal repasaremos o XIX Certame de Improvisación Oral en Verso celebrado os días 18 e 25 de decembro en Valadares, achegarémonos á actualidade regueifeira e falaremos un pouco sobre os nosos cantos tradicionais do Nadal. Na 1ª parte do programa centrarémonos na 1ª xornada do Certame e falaremos con Hugo GZ, representante do grupo pontareán Son da Rúa, que nos contará cousas interesantes sobre o freestyle, o rap feito na Galiza e a súa experiencia nesta edición do Certame, do que foron partícipes. Posteriormente repasaremos a 2ª xornada do Certame e falaremos con Augusto Canário e Marta Azevedo, cantores ao desafío minhotos que estiveron connosco neste ano, e tamén entrevistaremos a Miguel Cadavieco, rabelista e improvisador cántabro que nos acompañou o día de Nadal no Auditorio de Valadares. Na sección de actualidade estaremos no CIOV de Vigo e falaremos con Josinho da Teixeira, que nos porá ao día sobre o desenvolvemento do curso que está a impartir dende outubro, e despois conversaremos co Trío Liro en Randufe (Tui), o grupo de regueifeiros conformado por Luís O Caruncho, Bieito Lobariñas e o propio Josinho da Teixeira. Para rematar o programa, a nosa colaboradora Carme contaranos como se celebraba antigamente o Nadal na nosa parroquia de Valadares e botaranos un canto de reis e uns versos de Nadal ben xeitosos. Boas festas e mellor entrada de ano a toda a nosa audiencia!!
More episodes
Search
Clear search
Close search
Google apps
Main menu